O Vilarreal di adeus á Champions tras caer ante o Copenhague (2-3)
Os castellonencos seguen sen saber o que é gañar na máxima competición continental
O galego Santi Comesaña anotou un gol que foi insuficiente para os amarelos
@VillarrealCF
O Vilarreal soterrou ás súas escasas opcións de clasificación para a segunda fase da Liga de Campións tras sufrir unha nova derrota, a quinta en seis partidos, nesta ocasión ante o Copenhague, que tras a vitoria segue apurando as súas opcións europeas.
Non pasara máis dun minuto desde o inicio do partido e o Vilarreal xa ía remolque tras aproveitarse Elyounoussi dun erro de Rafa Marín na marca. O gol fixo dano os de Marcelino que case non se achegaron con perigo á área contraria en toda a primeira parte. No descanso o técnico amarelo optou por revolucionar o equipo dando entrada no campo a Akhomach, Olawuseyi e Ayoze. E rápido tería influenza no partido esta variación porque esta vez sería o Vilarreal o que marcase nada máis comezar o período por medio do galego Santi Comesaña. Pero pouco durou a ledicia para os locais porque acto seguido chegaría o segundo do Copenhague grazas a unha contra finalizada por Achouri. Volvería a empatar o Vilarreal con gol de Olawuseyi.
A nova igualada revitalizou ó Vilarreal que, por primeira vez, víase capaz de gañar el partido. O conxunto de Marcelino lanzouse en tromba a pola vitoria ante un Copenhague que non renunciou o intercambio de golpes.A puntilla definitiva chegou no minuto 89, cando un mal rexeite da defensa castellonenca foi aproveitado por Cornelius para bati a pracer a Luiz Júnior.
Xa non houbo resposta a un gol e unha derrota que consuman o inesperado fracaso dun equipo que non se pareceo da la Liga e o que a Champions quedoulle moi grande.