Empate de mérito do Athletic ante o Campión de Europa (0-0)
Punto que deixa aínda con opcións ós vascos para acceder a seguinte fase
Unai Simón foi a gran figura do partido
Igaulada sen goles en San Mamés entre o Athletic de Bilbao e o París Saint Germain. Punto que deixa os de Valverde con opcións de entrar na seguinte rolda pero seguramente necesitarán dous triunfos nas dúas xornadas restantes nesta liga inicial.
O Athetic saíu sen medo ante o Campión de Europa. Sancet e Berenger tiveron bos achegamentos á area gala pero co pase dos minutos foise asentando o equipo de Luis Enrique. E aí foi onde apareceu a figura de Unai Simón que ata en tres ocasións salvou ós vascos entre o final da primeira metade e os inicios da segunda parte. Mayulu en dúas ocasións e Zaire Emery topáronse coas grandes actuacións do internacional español. E cando non foi Simón foi o pau traveseiro que repelía un duro disparo de Barcola.
O partido era un monólogo do PSG. Aguantou ese momento de dominio dos franceses o Athletic que tentou levar perigo por medio das xogadas individuais de Nico Williams. Pero a tres minutos do final tivo que aparecer de novo Unai Simón para salvar un remate de Fabián que volveu conectar o rexeite e Yuri Berchiche salvou sobre a liña de gol. Foi a última ocasión dun partido que non tivo goles pero deixou un bo sabor de boca na afección bilbaína.