Real Sociedade e Athletic acceden ás semifinais da Copa do Rei
Os de San Sebastián derrotaron a un Alavés que se chegou adiantar en dúas ocasións pero non foi quen de manter o marcador
Os bilbaínos eliminaron ó Valencia grazas a un gol de Iñaki Williams, a pase do seu irmán Nico, na prolongación
@Alaves
Athletic de Bilbao e Real Sociedade clasificáronse para as semifinais da Copa do Rei tras derrotar a domicilio a Valencia e Alavés respectivamente,
No partido de Mestalla Umar Sadiq foi o gran protagonista da primeira metade. Primeiro por anotar na súa propia portería tras in mal despexe de cabeza e despois por empatar o choque tras un erro clamoroso do porteiro Alex Padilla. Na segunda metade Jaureguizar errou un penalti para os vascos que atoparían o premio na prolongación do partido tras un bo centro de Nico Williams que rematou ao fondo da rede o seu irmán Iñaki.
En Mendizorroza o equipo Coudet saíu moi conectado desde o inicio. Rebbach adiantaba os seus cun disparo desde a frontal. Oyarzábal empataría tras un bo pase de Guedes pero os vitorianos volvían a poñerse por diante tras acertar Toni Maretínez cun penalti cometido sobre o vigués Jonny Otto. O propio Martínez desaproveitaría unha nova pena máxima mediada a segunda metade. Non pechou o partido o Alavés e pouco despois chegaría o empate tras unha gran finalización de Gonzalo Guedes. O gol reactivou ós donostiarras que acadarían o terceiro tanto cunha contra rematada por Oskarsson. Non houbo tempo para máis e a Real Sociedade colouse na penúltima rolda da competición do KO.