Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo reencóntrase coa vitoria na OK Liga cunha goleada ao Rivas (8-2)

O Liceo reencóntrase coa vitoria na OK Liga cunha goleada ao Rivas (8-2)

G24.gal 14/10/2023 18:42

Na OK Liga, o Deportivo Liceo reencontrouse coa vitoria e sumou o segundo triunfo da temporada, os dous na casa.

Os coruñeses non lle deron opción ao Rivas e golearon por 8 a 2. Fabricio Ciocale levou a iniciativa goleadora, con tres tantos. César Carballeira achegou dous máis, antes e despois do descanso. A conta completouna Pablo Cancela, xa na segunda metade, con outros dous goles, e Tomás, recollendo o rexeitamento dunha falta directa, para anotar o 8-2 definitivo. Porque o Rivas conseguía dous tantos por medio de Bernat Yeste e Adrián Pos.

Con este triunfo, o Liceo suma seis puntos despois do tropezo na pasada xornada en Calafell.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar