Publicador de contidos

Publicador de contidos

Valioso empate do Liceo ante o Benfica (4-4)

Valioso empate do Liceo ante o Benfica (4-4)

Os liceístas levaron a iniciativa durante todo o partido e cederon a igualada a dous minutos do final

Importante punto ante un equipo que gañara todos os partidos disputados na competición

G24.gal 05/02/2026 20:42

Bo punto o acadado polo Liceo ante o Benfica nun vibrante partido onde os de Juan Copa mereceron máis despois de plantar cara ante un equipo portugués que chegaba a Riazor despois de gañar os cinco partidos disputados na Champions Legaue.

O choque non comezou ben para os intereses liceístas xa que os tres minutos Nil Roca batía o seu irmán Blai e adiantaba os portugueses no marcador. Pero reaccionarían rapidamente os locais e en tres minutos déronlle a volta o partido. Primeiro cunha espectacular xogada individual de Dava Torres e logo cun remate de Toni Pérez tras un disparo do propio Torres. Ían seis minutos de partido e o Liceo xa estaba por diante. O escenario desexado para os de Juan Copa que a partir dese momento propuxeron un partido pechado buscando os contraataques para ameazar ó conxunto benfiquista.

Na segunda metade intensificouse o dominio luso. Blai Roca salvaba unha triple oportunidade tras un penalti lanzado por Joao Rodrígues pero non puido parar unha falta directa executada de forma maxistral por Ze Miranda. Pero outra vez reaccionaría inmediatamente o Liceo cun gran gol do canteirán Bruno Saavedra. Restaban 12 minutos e o Liceo volvía a estar en vantaxe. Pero complicaríase o partido para o Liceo tras ser expulsado Bruno Saavedra por unha presunta agresión a un contrario. Superioridade numérica que foi aproveitada por Lucas Ordóñez para empatar o partido coa colaboración de Nuno Paiva. Aguantou ese empate o equipo coruñés ata o remate da inferioridade. E foi polo partido. Apareceu Nuno Paiva e cunha xenialidade colocou o 4–3 a falta de pouco máis de dous minutos par ao final. Pero non puido aguantar o asedio dos lisboetas que empatarían o partido a través de Gonçalo Pinto colocando o definitivo empate a catro goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar