Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo, ante a eliminatoria final polo título da OK Liga

O Liceo, ante a eliminatoria final polo título da OK Liga

Os coruñeses xogan a final do playoff contra o Reus ao mellor de cinco partidos

Toda a serie final pódese ver a través da G2 e G24.gal

O equipo que adestra Juan Copa busca a que sería a oitava liga para o palmarés liceísta
G24.gal 09/06/2022 20:24

O Hockey Club Liceo está ante a oportunidade de proclamarse campión de Liga por oitava vez na súa historia. Este venres comeza en Riazor o playoff polo título ao mellor de cinco partidos contra o club catalán do Reus. 

Jordi Adroher, un dos xogadores importantes neste Liceo, di que o equipo "está onde quería, con moitísima ilusión e centrados no primeiro partido unicamente". Fala do Reus como "un rival complicadísimo que está a facer un final de temporada espectacular". "Só así puideron eliminar ó Barça", engadiu. Adroher lembra que "xa nos gañaron nos cuartos da Copa, tamén na súa casa. Son partidos moi igualados pode gañar calquera e esperemos que os pequenos detalles fagan que caia do noso lado."

Este venres, primeiro partido da final, desde as 21 horas e pola G2

A G2 ofrecerá toda a serie final polo título, empezando polo primeiro partido deste venres, as nove da noite, desde o pavillón de Riazor. Tamén pode seguirse pola web G24.gal 

O factor campo favorece ó Liceo, que foi segundo na liga regular, así que no caso de chegarse ó quinto e definitivo partido xogaríase na pista coruñesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade