Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous goles psicolóxicos acaban coa resistencia do Hóckey Coruña na Copa da Raíña

Dous goles psicolóxicos acaban coa resistencia do Hóckey Coruña na Copa da Raíña

Perdeu diante do Palau (2-0) que marcou na última xogada do primeiro tempo e na primeira acción do segundo

G24.gal 13/06/2025 19:44

Rematou a temporada para o Hóckey Club Coruña coa derrota nos cuartos de final da Copa da Raíña diante do Palau (2-0). Un partido no que entrou moi ben con dúas ocasións claras pero as paradas de Laura Vicente mantiveron o equipo catalán no partido. Co paso dos minutos o Palau foi levando a iniciativa e tivo o acerto de marcar o primeiro gol a corenta segundos do descanso cunha manobra da súa estrela Aina Florenza. 

A desgraza para o Coruña foi grande porque na primeira xogada do segundo tempo Mariona Colomer marcaba o definitivo 2-0 e poñía unha diferenza que foi insalvable. O equipo galego buscou o gol que os metese na eliminatoria pero o traballo defensivo do Palau resultou perfecto. 

Acaba unha temporada coa que o Hóckey Coruña inicia un cambio de ciclo porque dez xogadoras anunciaron que non ían continuar para a vindeira temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar