O Liceo depídese da Copa do Rei goleado polo Reus (5-1)
O equipo catalán xogará a final contra o Lleida
O Lleida e o Reus Deportivo xogarán a gran final da Copa do Rei de hóckey sobre patíns. O Liceo perdeu na semifinal ante o Reus por cinco a un.
O protagonista absoluto da semifinal foi Martí Casas, autor de catro dos cinco goles do equipo catalán. Os tarraconenses foron moi superiores no primeiro tempo, e xa gañaban por tres a cero no minuto once. No recomezo o Liceo mellorou as súas prestacións, pero careceu da efectividade que si tivo o seu rival, que acabou sentenciando o choque nunha recta final de moita tensión, con cartón vermello incluído para o liceísta Tato Ferruccio.
Finalmente imperou a calma, personificada no saúdo entre os dous adestradores, Juan Copa e Jordi García. O Liceo quedou eliminado malia o seu bo segundo tempo.