Radu, baixa sensible no Celta para o partido ante o Dinamo de Zagreb
O porteiro ten unha escordadura no polgar da man dereita e é dúbida para xogar ante o Barcelona
Claudio Giráldez, adestrador do Celta, non poderá contar con Radu para o partido de Liga Europa ante o Dinamo de Zagreb. O romanés ten unha escordadura no polgar da man dereita. Sobre esta ausencia falou Pablo Durán.
"É unha baixa moi importante. Temos plena confianza no que teña que xogar. Baixa complicada".
O internacional romanés tivo que ser atendido sobre o céspede tras unha gran parada ao remate de chilena do dianteiro Etta Eyong.
Tras ser explorado polo xefe dos servizos médicos do club celeste, Juan José García Cota, Radu puido completar o encontro do Ciutat de Valencia.
Ata a data, o substituto de Vicente Guaita na portería celeste foi titular nos 11 partidos de Liga e nos tres da liga Europa.