Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo perde a semifinal da Supercopa diante do Barça (5-2)

O Liceo perde a semifinal da Supercopa diante do Barça (5-2)

G24.gal 20/09/2025 21:11

E o Liceo quedou elimanado na semifinal da Supercopa de hockey sobre patíns. O Barça foi superior e logrou o triunfo por cinco goles a dous.

As descanso chegouse cun marcador de tres a un. Levando sempre a iniciativa, o equipo catalán marcou por medio de Marc Grau, Ferrán Font e Xavier Barroso. Bruno Saavedra fixo o gol do conxunto de Juan Copa.

Coa desvantaxe de dous tantos iniciábase o segundo tempo. E de pouco valeu o golazo de Dava Torres, que situaba no electrónico un tres a dous que lle daba esperanzas aos liceístas. Pero Sergi Aragonés e Pablo Álvarez sentenciaron o choque a prol do equipo adestrado esta temporada por Ricardo Ares. O Barça, que mantén o bloque da pasada campaña, medirase ao Igualada na final. O Liceo aínda ten que conxuntar un plantel con catro incorporacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade