Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso: "Os resultados van chegar"

Fran Alonso: "Os resultados van chegar"

O Deportivo xoga eliminatoria da Copa da Raíña ante o Guiniguada Apolinario de Gran Canaria

G24.gal 04/11/2025 16:51 Última actualización 04/11/2025 17:00

O adestrador do Dépor Abanca, Fran Alonso, dixo este martes estar “un pouco decepcionado” cos puntos que ten o seu equipo na liga F, pero tamén está convencido de que nos próximos partidos ofrecerá “unha mellor versión”.

“Creo que podiamos ter algún punto máis, pero ao mesmo tempo estou tranquilo porque creo que o grupo está a traballar ben e que os resultados van chegar. Vexo melloría no grupo, temos cero lesiones e hai un bo traballo detrás do que se ve”, manifestou na rolda de prensa previa ao duelo de Copa contra o Guiniguada Apolinario.

O técnico deportivista espera que o choque de mañá en Gran Canaria sirva para que o seu equipo, que só gañou un partido no que vai de curso, recupere “sensacións”.

“É unha competición que nos fai moitísima ilusión e queremos chegar o máis alto posible. No noso pensamento só está o Guiniguada, ter unha boa actuación e gañar o partido. É o único no que pensamos. Creo que estamos moi enchufadas”, manifestou Alonso, que recupera para este partido a Merle Barth.

Sobre o conxunto canario, apuntou que chega “nunha boa serie” a esta eliminatoria da Copa da Raíña, ademais de ser un equipo con “moitísimos recursos de xogo directo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade