Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sufrida vitoria do Atleti ante o Union Saint Gilloise (3-1)

Sufrida vitoria do Atleti ante o Union Saint Gilloise (3-1)

Segundo triunfo do Atletico de Madrid nesta edición da Champions League 

Os de Simeone foron superados no físico polo campión belga pero foron quen de levarse os tres puntos. 

@Atleti @Atleti
G24.gal 04/11/2025 22:17

O Atlético de Madrid sumou o seu segundo triunfo nesta Champions League tras impoñerse 3-1 ó Union Saint Gilloise belga. Non foi o mellor partido dos de Simeone pero souberon sacar adiante un partido que se lle complicou moito desde o inicio do partido.

O Atleti non entrou nada ben no partido. Sorprendentemente o equipo belga fíxose co control de choque e ameazou á area atlética durante o inicio do mesmo. El Hadj rondou o gol nun par de ocasións pero quen marcaría primeiro sería o equipo madrileño. Giuliano Simeone realizou unha das súas habituais incursións por banda dereita e o seu pase atrás foi aproveitado por Julián Álvarez para anotar o primeiro do partido. Chegaría un segundo gol antes descanso pero o Var anulou o tanto de Griezmann por fóra de xogo. 

Tras a reanudación o cadro belga seguía atacando con perigo e o Cholo Simeone tivo que realizar tres trocos á vez. Entraron Sorloth, Almada e Gallagher e sería este o que anotaría o gol da tranquilidade para o Atleti cun bo disparo desde dentro dá área que entrou pola escuadra da meta defendida por Scherpen. Pero non baixaría os brazos o campión belga que reduciu diferenzas cun remate de cabeza de Sykes tras unha falta lateral. De aí ó final sufrimento atlético con final feliz co terceiro tanto anotado por Marcos LLorente na última xogada do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar