Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña perde contra o Andorra (91-104) e afúndese na última praza

O Leyma Coruña perde contra o Andorra (91-104) e afúndese na última praza

Os coruñeses quedan a dous triunfos do Granada logo da vitoria deste diante do Breogán

Foto: EFE
G24.gal 17/05/2025 21:55

O Leyma Coruña non foi quen de agasallar a súa afección cunha vitoria ante un Andorra que quería amarrar a permanencia. Os coruñeses foron sempre atrás no marcador e xa no primeiro cuarto ían oito abaixo. A distancia foise ampliando ata o 91-104 final.

Verge estrouse co Leyma con 12 puntos e 5 asistencias, un dos tres máis destacados do equipo. Logo deste resultado, os coruñeses teñen case confirmada a última praza, xa que están dous triunfos por detrás do Granada, que pode perder a categoría nesta xornada, e con so dúas xornadas para que remate a Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade