Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña avisa do seu potencial cunha malleira ao Estudiantes

O Leyma Coruña avisa do seu potencial cunha malleira ao Estudiantes

G24.gal 18/04/2022 23:03

O Leyma Coruña conseguiu unha gran vitoria diante do poderoso Estudiantes na 29ª xornada da Leb Ouro. Decidiu o partido nun sensacional último cuarto en que varreu da pista o seu rival.

Era un exame de altura para o cadro galego. A igualdade presidiu os tres primeiros cuartos dun partido xogado con moita intensidade. Ao descanso o marcador era de 38-34 a prol do Leyma e no final do terceiro cuarto o Estudiantes equilibrara totalmente a situación chegando cun 59-59. 

A decoración mudou no último período. Ao Leyma entroulle absolutamente todo e iso, engadido a unha boa defensa, permitiu que se fose no marcador ata sacar do partido aos madrileños. O parcial fala ás claras: 28-9 diante do equipo con máis poderío orzamentario da categoría. 

Destacou Soluade con 21 puntos (5 triplas), e a parella interior formada por Ndow e Ward (17 e 15 puntos respectivamente). No Estudiantes loitou en solitario John Dee (22 tantos). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade