Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma atopa a onda boa no medio da marea laranxa

O Leyma atopa a onda boa no medio da marea laranxa

Quinta vitoria consecutiva acadada diante de Juaristi (95-87) e o equipo coruñés apunta a ter vantaxe de campo na eliminatoria de cuartos

G24.gal 29/04/2022 22:21

O Leyma Coruña segue a ser o equipo máis en forma da Leb Ouro. A tres xornadas para o final da fase regular conseguiu a quinta vitoria consecutiva, desta volta diante do Juaristi, por 95-87. O equipo coruñés está cada vez máis preto de ter vantaxe de campo na decisiva eliminatoria de cuartos de final. 

O partido contra os vascos houbo que cociñalo a lume lento e, ao igual que aconteceu diante do Estudiantes, definilo no último cuarto. Os visitantes entraron mellor no encontro (12-18) pero ao final do primeiro cuarto a vantaxe xa era do Leyma por 25-22. No segundo cuarto a igualdade mantívose ata o 33-32 pero un parcial de 9-2 permitiulle ao equipo galego coller unha pequena vantaxe coa que chegaría ao descanso (48-39). 

Esa diferenza estragouse no terceiro cuarto. O Juaristi xogou moi bos minutos e deulle a volta ao partido. Púxose cun +2 (63-65) para acabar o cuarto un abaixo (66-65). No derradeiro o Leyma deu o tirón definitivo. Cun parcial de 10-0 (78-69) pasou de estar por debaixo no marcador a dominar cunha certa marxe que mantivo ata o final. 

Lofberg foi un puñal con 25 puntos e Soluade demostrou o seu gran momento de forma e marchou ata os 20. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade