O internacional júnior Asier Iríbar xogará cedido no Cangas
O primeira liña, de 19 anos e 191 centímetros, pode actuar tanto de central como de lateral esquerdo

O internacional júnior Asier Iríbar xogará a segunda volta da liga Asobal no Frigoríficos do Morrazo cedido polo Bidasoa Irún, informou este mércores a entidade galega.
O primeira liña, de 19 anos e 191 centímetros, pode actuar tanto de central como de lateral esquerdo, e chega ao Gatañal para suplir a baixa de Santi López, que perde o que resta de curso tras sufrir unha grave lesión de xeonllo.
Internacional coas categorías inferiores da selección española, Iríbar disputou cos Hispanos júnior o Torneo Catro Nacións en Alemaña, onde coincidiu co que será o seu novo adestrador no Frigoríficos, Nacho Moyano, técnico axudante de Rodrigo Reñones no equipo nacional.
💥FICHAXE 💥
— Balonmán Cangas (@balonmancangas) January 18, 2023
@IribarAsier primeira fichaxe deste 2023, cedido do @cdbidasoairun ata final de tempada 🤩
Internacional cos #HispanosJunior🇪🇸 cubrirá o oco de @santi_lopezgarcia ⚔️
BENVIDO, ASIER! 💙#enCangasninguénserende #AtaOFinal #deportegalego #somosABANCA pic.twitter.com/MMDcoLBGyU