Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nicolo D’Antino, terceira fichaxe do Frigoríficos do Morrazo

Nicolo D’Antino, terceira fichaxe do Frigoríficos do Morrazo

O extremo dereito chega ao equipo dirixido por Quique Domínguez para suplir a baixa de Javi Azurmendi

G24.gal 03/06/2025 12:06 Última actualización 03/06/2025 12:28

O internacional italiano Nicolo D’Antino converteuse este martes na terceira fichaxe do Frigoríficos do Morrazo, ao que chega procedente do Atlético Valladolid e co que asina por unha tempada.

O extremo dereito chega ao equipo dirixido por Quique Domínguez para suplir a baixa de Javi Azurmendi, quen decidiu retirarse temporalmente do deporte profesional por motivos persoais.

Nicolo D’Antino, de 26 anos, iniciou a súa aventura no balonmán español no verán de 2018 tras asinar co Balonmán Nava, despois de destacar no Pallamano Fasano do seu país.

Despois de catro tempadas no conxunto segoviano, tres delas na Asobal, na campaña 2022-23 comprometeuse co Valladolid, co que logrou 221 tantos nestas tres últimas tempadas.

“D’Antino é un xogador con moita calidade, destacando pola súa velocidade para saír ao contraataque. É unha fichaxe que nos axudará a seguir crecendo con este proxecto, seguro que dará moitas alegrías á nosa afección”, destacou o director deportivo do Frigoríficos, Óscar Fernández.

Nicolo D’Antino é a terceira incorporación do conxunto galego tras o porteiro internacional montenegrino Haris Suljevic (Izvidac de Bosnia) e o pivote Javi García (Logroño).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade