Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio da Barbanza é o único activo e xa leva queimadas 2.200 hectáras

O incendio da Barbanza é o único activo e xa leva queimadas 2.200 hectáras

Na última semana arderon en total en Galicia unhas 4.000 hectáreas

Extinguidos os dous incendios que afectaban o municipio de Arbo

Controlado o lume de Ponte Caldelas, que deixa 380 hectáreas calcinadas

G24.gal 08/08/2022 09:03 Última actualización 08/08/2022 12:15

Os medios de extinción seguen traballando no incendio de Boiro. O lume xa leva queimadas 2.200 hectáreas. Este é o único que segue activo neste momento. 

Este incendio, que afecta parte da serra da Barbanza, está perimetrado e segue evolucionando favorablemente cara á súa estabilización, indica Medio Rural na análise dos datos solicitados ata as 8:00 horas deste 8 de agosto.

Desde o sábado, as lapas avanzaron con virulencia na parroquia de Xustáns, en Ponte Caldelas, e estendéronse cara ao parque forestal da Fracha e a parroquia pontevedresa da Canicouva. O incendio segue activo,  pero nas últimas horas os servizos de extinción lograron controlalo

Tamén se desactivou a situación 2 de perigo tras remitir o risco para núcleos de poboación.

Coa  expansión das lapas este sábado, estímase que levan ardido unhas 380 hectáreas de monte. A situación implicou o desprazamento da UME ata o monte da Fracha.

Na Canicouva os veciños non pegaron ollo dada a proximidade do lume, aínda que non se aproximou ás vivendas, ameazaba con facelo se cambiaba a dirección do vento. Houbo que cortar  a subministración eléctrica para facilitar o traballo dos equipos de emerxencia.

Traballan no lugar medios aéreos con 8 avións e 11 helicópteros e máis dun cento de persoas nas brigadas terrestres, que contaron co apoio da veciñanza para o control do incendio.

En Saiar, en Caldas, atópase controlado un incendio con 450 hectáreas devastadas.

No concello ourensán de Verín está igualmente controlado un lume que arrasou con 600 hectáreas e que se iniciou nunha decena de focos diferentes simultáneos entre si.

Na provincia de Ourense tamén se iniciou, ás 00:56 xurdiu un pequeno incendio en Calvos de Randín, dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, pero ás 3:40 xa estaba apagado e o saldo é de 0,1 hectáreas de monte raso.

Así, a comunidade inicia semana batallando contra as lapas sen sufocar que suman 3.630 hectáreas. A evolución dos incendios empeza cos activos, que despois pasan a estabilizados, seguen a controlados e conclúen cando están extinguidos. Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade