Sensoxenoma22, un concerto que estuda as emocións no ADN
Un concerto experimental da Real Filharmonía recollerá mostras biolóxicas en 1.000 asistentes para indagar no impacto emocional da música e a súa aplicación terapeútica
O proxecto do centro investigador de Santiago de Compostela reúne prestixiosos organismos e personalidades de todo o mundo
Sabemos da influencia do estado de ánimo do noso benestar; sabemos tamén que a música é unha das experiencias sensoriais con máis capacidade para influír e modificar o noso estado de ánimo. Así que do que trata este experimento -que vemos nacer hoxe no IDIS- é de obter datos sobre que xenes se estimulan coa música e mirar en que medida se pode programar e prescibir un estímulo sensorial para loitar contra as enfermidades.
É unha investigación impulsada polo IDIS de Santiago e que volve dar unha idea de como tirar partido da cantidade asombrosa de información que está codificada no noso ADN.
Non hai antecedentes dunha indagación similar nas emocións humanas e do seu impacto no xenoma. Pénsase en que os resultados poidan axudar a mitigar a dor, frear o deterioramento cognitivo ou tratar multiples transtornos da saúde usando as sensacións positivas.
A música é só o primeiro paso deste proxecto revolucionario que comeza a rodar o día 30 no Auditorio de Galicia.