Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés deixa viva a eliminatoria da European Cup, que se decidirá en Elxe (21-20)

O Guardés deixa viva a eliminatoria da European Cup, que se decidirá en Elxe (21-20)

As guardesas chegaron a ter unha renda de sete goles (14-7) durante o partido, pero as alacantinas reaccionaron ao final

G24.gal 21/03/2026 20:49

Comezou a eliminatoria de cuartos de final da Copa Europea de balonmán feminino entre o Mecalia Atlético Guardés e o Elxe.

As galegas afundiron ao final do partido. Marcharon ao descanso catro arriba, 10-6 e chegaron a ter sete goles de vantaxe no segundo tempo.

Pero as alacantinas aumentaron a intensidade defensiva e deixaron a diferencia nun único gol. 21-20 final. O Mecalia defenderá esa renda o vindeiro sábado, á busca dun posto nas semifinais da European Cup.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade