Cargando resultados...
O Grupo Nove aposta por facer de Galicia un referente de gastronomía sostible
Máis produto de proximidade nos restaurantes e iniciativas para preservar o noso mar

G24.gal
07/03/2022 14:27
Os cociñeiros do grupo Nove buscan facer de Galicia un referente de gastronomía sostible. Máis cociña saúdable elaborada con produtos de proximidade.
Son os representantes da nosa cociña, un dos motores do sector hostaleiro galego. Por iso, a través dun convenio de colaboración con Estrella Galicia, van impulsar o desenvolvemento do produto local a través dos seus restaurantes. Tamén distintas accións para a preservación do noso mar.