Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Grove recupera o Con da Hedra, un dos mellores miradoiros da ría da Arousa

O Grove recupera o Con da Hedra, un dos mellores miradoiros da ría da Arousa

Unha nova senda peonil conduce ata o miradoiro, que acaba de ser renovado

O miradoiro do Con da Hedra ten unhas vistas espectaculares da ría de Arousa e das Illas Atlánticas
G24.gal 12/03/2026 14:20

Hai varias décadas no monte da Siradella no Grove houbo unha canteira de granito. No 2004 construíron un miradoiro, o Con da Edra, pero foise deteriorando. Agora o Concello e a comunidade de montes investiron algo máis de 50.000 euros para facelo máis accesible e atractivo para os visitantes. Construíron unha nova senda peonil máis ancha, valaron as parcelas e renovaron as plataformas do miradoiro.

Tamén plantaron castiñeiros ao longo de toda a senda peonil que leva ás terrazas. Unha ruta empinada pero que paga a pena. Aseguran os responsables da Comunidade de Montes que ten as mellores vistas da ría de Arousa e das Illas Atlánticas.

Outro dos atractivos do miradoiro é que os visitantes poden ver de preto as vacas cachenas. Introducíronas hai máis dunha década os comuneiros como medida de prevención dos incendios e agora están nunha mesma parcela e vense desde o miradoiro.

A comunidade de montes San Vicente ten agora outro grande aliado na prevención: un tractor que acaban de mercar e que permite limpar onde non chegan as vacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade