Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dietas populares nas redes, perigosas para a saúde dos fillos

Dietas populares nas redes, perigosas para a saúde dos fillos

Seguir dietas de moda nas redes sociais pode poñer en risco a saúde dos pequenos da casa

Moitas da dietas de moda nas redes están baseadas en alimentos vexetais, os chamados 'plant-based'
G24.gal 12/03/2026 14:53

Consultar de todo en Internet é o pan de cada día, pero ollo, porque non toda a información está contrastada. A Asociación Española de Pediatras está preocupada porque as dietas supostamente saudables están ocupando un lugar na elección alimentaria das familias

"Un pai preocúpase quere o mellor para seus fillos e de repente ve que hai unha moción xeral para dicir isto é o mellor e déixase levar", comenta unha rapaza.

Facer un cambio na dieta supón modificar o patrón alimentario, e iso ten consecuencias sobre a saúde. De aí os riscos de deixarse levar polas dietas que popularizan as redes. Falan, por exemplo, da moda de alimentar a lactantes con bebidas vexetais.

 "As bebidas vexetais, sobre todo a bebida de arroz, ten ademais risco de achegar moito arsénico de non achegar as proteínas necesarias, polo tanto, non é intercambiable a bebida vexeta ao lácteo", explica Rosaura Leis, coordinadora da unidade de Nutrición Pediátrica do CHUS.

Preocúpalles tamén o exceso de barriñas e ultraprocesados de orixe vexetal que consomen os adolescentes para loitar contra o exceso de peso.

"Non miramos o contido en graxa saturada, o contido en azucre engadido, en graxa trans en macronutrientes que se asocian directamente cun desenvolvemento da obesidade ", continúa a experta.

Poñen o acento nos xaxúns intermitentes que provocan déficits nutricionais e poden ser a porta de entrada a trastornos de conduta alimentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade