Publicador de contidos

Publicador de contidos

O GPS deixa atrapado un tráiler entre as casas na parroquia coristanquesa da Agualada

O GPS deixa atrapado un tráiler entre as casas na parroquia coristanquesa da Agualada

O camión bateu contra a fachada dunha casa e derrubou parte do muro doutra vivenda

Os veciños reclaman un sinal que advirta os transportistas do perigo

G24.gal 26/04/2023 14:43

Literalmente encaixado. Así quedou un tráiler no lugar do Outeiro, onde viven unha trintena de veciños.

O condutor do camión articulado, de nacionalidade ucraína, meteuse desde a autovía da Costa da Morte por unha estreita estrada seguindo as indicacións do GPS. Pero o dispositivo xogoulle unha mala pasada.

Acabou batendo contra a fachada dunha casa coa cabina e co remolque derrubou parte do muro doutra vivenda. Pero o caso é que a historia se repite. 

Os veciños calculan que desde que inauguraron a autovía da Costa da Morte, hai case sete anos, máis dunha ducia de camións víronse na mesma situación.

Así que reclaman un sinal que advirta os transportistas porque senón os tráilers, din, seguirán ameazando as súas vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade