O Goberno salienta a rebaixa na factura da luz e nos beneficios das eléctricas
A oposición acusa o Goberno de servir outros intereses, criticando a venda a Francia da electricidade máis barata
O Goberno fixo balance do tope ao gas logo de dúas semanas en funcionamento. A vicepresidenta terceira dixo que con este mecanismo xa se conseguiu rebaixar o prezo da luz nun 14 por cento.
A oposición acusa o Goberno de servir a outros intereses, criticando a venda a Francia da electricidade máis barata. A ministra Teresa Ribera salientou que España obtén diferenzas de prezos de entre 130 e 170 euros o megawatt hora coa maioría dos países europeos.
Ademais de reducir a factura da luz, destacou a diminución dos beneficios extraordinarios das eléctricas.
A venda de enerxía máis barata a Francia foi unha das críticas da oposición. Din que o país veciño aproveita os baixos prezos, o que fai aumentar a produción e incrementar as tarifas no noso país.
A radiografía que fai Vox fala de cidadáns arruinados e ante un goberno que rexistra todos as marcas de recadación.
Ribera sinalou que, a excepción de febreiro, en todos os restantes meses do ano España exportou a Francia moita máis electricidade da que importou.