Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pediralle á Federación que libere as xogadoras que non queiran viaxar coa selección

O Goberno pediralle á Federación que libere as xogadoras que non queiran viaxar coa selección

 Víctor Francos, presidente do CSD, reunirase esta tarde coas xogadoras para tentar mediar entre elas e a federación

Se non achegan posturas, pediralle á RFEF que lle permita marchar a quen non queira estar

Foto EFE
G24.gal 19/09/2023 18:19 Última actualización 19/09/2023 18:30

O Goberno vai tratar de mediar entre as xogadoras da selección española de fútbol e a federación. Tras un primeiro contacto informal esta mañá, o presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), Víctor Francos, vai reunirse ás 20 horas coas seleccionadas que estén na convocatoria en Oliva (Valencia), segundo fontes do CSD.

Se Francos non consegue achegar posturas, o Goberno pediralle á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e á nova adestradora do equipo, Montse Tomé, que libere ás xogadoras que non queiran estar no equipo.

A pesar de que onte enviaron un comunicado reiterándose na súa negativa para acudir á convocatoria da RFEF, seis delas –as residentes en Madrid– acudíronse esta mañá no hotel da capital no que foran citadas.

O resto terá que ir esta tarde a Oliva (Valencia), onde está previsto que se reúnan co resto das súas compañeiras. As xogadoras do F. C. Barcelona feminino, núcleo duro da convocatoria, partiron desde a cidade condal cara a Valencia esta tarde.

“Estaban mal. Vin tristeza, pesar e cansazo; non rancor nin malas formas. Algunha xogadora transmitiume que non está animicamente ben. Están cansas”, valorou Francos a súa primeira conversación coas xogadoras.

As xogadoras que viaxaron desde Madrid xa están no hotel de concentración na Oliva, Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos