Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gasto con tarxetas no mes de xuño revela unha ralentización do consumo

O gasto con tarxetas no mes de xuño revela unha ralentización do consumo

O informe mensual do BBVA Research indica que o gasto medrou con respecto a xuño de 2021, pero a menor ritmo de crecemento

G24.gal 08/07/2022 14:52

O informe do BBVA Research recolle os datos de gasto que saen das operacións nos TPV e caixeiros da entidade bancaria. O estudo do mes de xuño indica que gastamos un 34 por cento máis ca en xuño de 2021, pero o ritmo de crecemento do gasto ralentizouse por segundo mes consecutivo. 

Para María Bastida, profesora de Economía da USC, hai que estar atentos a que esa desaceleración non se converta en tendencia. "Pode ser unha cousa puntual, pero pode ser tamén un síntoma de que empezamos a resentirnos nos patróns de gasto" explica.

Para Bastida, se os consumidores se volven máis conservadores polo que poida vir, tamén haberá un problema. "O comportamento do consumo é determinante para soster a economía" di. "O que fagamos como consumidores é fundamental para saber se imos capear ou non a crise que parece estar ás portas", prognostica. 

Dos datos do informe BBVA de xuño despréndese tamén que pagamos cada vez máis con tarxeta, e que volvemos ás compras presenciais, que levan catro meses á alza. 

"Preferimos o comercio tradicional, poder valorar o produto que mercamos", di o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, que tamén advertiu unha redución "no importe e no número" das transaccións de comercio electrónico.

Segundo os datos de xuño do BBVA, tanto o gasto presencial coma o non presencial superou en xuño os niveis prepandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar