O Futsi corta a serie vitoriosa do Burela
Derrota dun equipo galego (6-3) que gañara os dous últimos títulos de liga
Irene Córdoba, do ano 2003, decidiu cunha tripla no segundo tempo
O Burela Pescados Rubén non conseguiu o terceiro título de liga consecutivo (podía ser o quinto da súa historia). Caeu por 6-3 na pista do Futsi nun partido no que necesitaba o triunfo.
Sempre foi por diante o cadro madrileño, que quería sacar de enriba o maleficio que tiña diante do Burela. Comezou o Futsi marcando cun autogol de Cilene pero Dany Domingos respostou deseguido. Volveu marcar Ariane para as locais e Peque empatou para o Burela. Xusto antes do descanso Ana Luján anotaba o 3-2.
Aos 20 segundos do segundo tempo apareceu Irene Córdoba para anotar o 4-2, determinante no partido. A xogadora nacida no 2003 foi determinante ao marcar os tres goles do seu equipo no segundo tempo. O gol de Ale de Paz demostrou a ambición do Burela, que quedou ás beiras dun novo éxito.