O fútbol directo do Sestao pode co Racing (1-0)
Un solitario gol de Leandro Martínez deixa o equipo departamental apeado da Copa
Cando pisas o campo de Las Llanas xa sabe calquera deportista o que vai atopar, aínda que estea na Segunda RFEF. O campo do Sestao é sinónimo de fútbol directo, de garra, de pelexa, dun público entregado ás súas cores verde e negra.
Chegaba o Racing nun mal momento na competición ligueira despois de sumar un punto dos últimos nove e non mellorou a tendencia na Copa. Os de Cristóbal quedaron eliminados por un gol de Leandro Martínez ao pouco de comezar a segunda parte. O tanto foi marca da casa, un punteirolo desde a liña defensiva que acabou na rede logo dunha pelexa aérea.
O Racing dispuxo de boas ocasións: un centro xute de Brais á escuadra, unha clarísima de Joselu que salvou o porteiro vasco coas costas... pero non houbo maneira de marcar un gol. Agora tocará centrarse na liga e buscar o ascenso á Segunda División.