Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi García, pivote de 29 anos, ficha polo Frigoríficos procedente do Logroño

Javi García, pivote de 29 anos, ficha polo Frigoríficos procedente do Logroño

O leonés, de 29 anos, disputou 180 partidos na liga Asobal, categoría en que acumula 365 goles

Foto Cangas
G24.gal 29/05/2025 12:59 Última actualización 29/05/2025 15:30

O pivote Javi García converteuse este xoves na segunda fichaxe do Frigoríficos do Morrazo para a tempada 2025-26 tras o porteiro internacional montenegrino Haris Suljevic (Izvidac de Bosnia).

O aínda xogador do Cidade Logroño, no que militou as últimas tres tempadas, chega ao Gatañal para suplir a baixa do exipcio Omar Sherif, que regresa ao campión do seu país, o Ao- Ahly, tras finalizar a súa cesión.

“A súa calidade é incuestionable. É un xogador cun perfil que encaixa perfectamente na nosa idea de xogo e que nos vai axudar a dar un paso adiante na parcela ofensiva”, afirmou o director deportivo do Frigoríficos, Óscar Fernández, sobre o seu novo xogador.

O máximo responsable da área deportiva da entidade presidida por Alberto González considera que a fichaxe do pivote leonés é “unha declaración de intencións”.

“Queremos que a nosa afección sinta que somos ambiciosos, que seguimos loitando por crecer. Estamos a construír un proxecto ambicioso, pero sen perder a nosa identidade”, apuntou Fernández.

Javi García, de 29 anos, disputou 180 partidos na liga Asobal, categoría na que acumula 365 goles, dos cales 82 asinounos este curso co Logroño

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade