O Frigoríficos do Morrazo viuse superado polo Logroño (22-27)
Terceira consecutiva para os de Cangas, que se manteñen no último posto da Asobal
O Cangas Frigoríficos do Morrazo continúa estancado nos tres puntos logo de perder 22-27 diante do poderoso Logroño que gañou o cuarto partido consecutivo na Asobal. Os de Cangas continúan pechando a clasificación.
Bo comezo de partido dos galegos pero de contado conseguiron poñerse por diante os rioxanos (2-4), un mando que xa non soltarían ata o final do encontro. No primeiro tempo as diferenzas estiveron derrador dos tres goles (ao descanso 8-11) e quedou patente o desacerto en ataque do equipo de Moyano.
O Logroño rachou o partido no segundo tempo cando colleitou unha vantaxe de seis goles (14-20). Impediu calquera achegamento local que en ningún intre tivo opcións de remonta.