Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Frigoríficos desafía o Ademar para alimentar o seu soño da permanencia

O Frigoríficos desafía o Ademar para alimentar o seu soño da permanencia

Frigoríficos e Ademar enfrontaranse dúas veces en apenas quince días

G24.gal 29/03/2024 16:52 Última actualización 29/03/2024 17:13

O gran momento de forma do Ademar León, sen derrotas nas últimas catro xornadas, supoñerá un enorme desafío para o Frigoríficos do Morrazo, que busca o seu segundo triunfo consecutivo para alimentar o seu soño de manterse na liga Asobal sen ter que xogar o playout de permanencia.

O equipo galego vén de romper en Santander unha serie dun ano e medio sen gañar a domicilio en Liga. O segundo triunfo do curso ligueiro ante o Blendio Sinfín permitiulle, ademais, dar un paso de xigante para evitar o descenso directo, xa que agora avantaxa en cinco puntos ao equipo cántabro, co que ademais se asegurou o goal-average particular.

Frigoríficos e Ademar enfrontaranse dúas veces en apenas quince días. Despois do duelo de mañá, ambos se retarán, tamén no Gatañal, na terceira eliminatoria da Copa do Rei que outorga un billete para a fase final do torneo. Nacho Moyano ten todos os seus xogadores dispoñibles, salvo o lesionado de longa duración Juan del Arco. Polo tanto, terá que realizar un descarte antes do encontro. As opcións de vitoria do Frigoríficos pasarán polo seu rendemento defensivo e, sobre todo, por minimizar as perdas en ataque para que o conxunto dirixido por Dani Gordo poida sacar a relucir o seu mellor arma: o contraataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos