O festival de cine de Ourense proxectará 164 películas no súa edición número 30
O Ourense Film Festival, o festival de cinema máis internacional e o pioneiro de Galicia está de aniversario, cumpre 30 anos
Contará con doce filmes na sección oficial internacional, dez na sección Panorama Galicia e 22 na sección de curtametraxes
Hai unha morea de actividades paralelas como encontros literarios ou a exposición Making Movies e tamén sección novas
O cinema é o protagonista estes días na cidade de Ourense. O OUFF chega á súa edición número 30.
"Estamos moi ilusionados, moi motivados, e tamén a cidadanía, notamos que é un novo revulsivo", di Óscar Doviso, o director artístico do OUFF.
Mantéñense as tres seccións competitivas oficiais: internacional, Panorama Galicia e curtametraxes e incorpóranse ideas e seccións novas como Faíscas, Xanela, Agarimo ou Xeración OUFF.
"Tres equipos de cinco persoas convivirán durante unha semana para desenvolver tres proxectos", explica Doviso.
"Outra das novidades polas que aposto, como creador ourensán é a sección Made in OU".
A coñecida actriz Ruth Gabriel foi a encargada de inaugurar os encontros literarios coa presentación do seu libro Mujeres de Cine.
"E unha especie de carta de amor, agradecemento e admiración a trinta actrices, que deixaron unha pegada no cinema español, na cultura e nos nosos corazóns, pero no meu caso particular serviron de inspiración", conta a actriz Ruth Gabriel
Un total 164 proxeccións en dez días e moitas estreas. E por primeira vez o OUFF terá unha banda sonora propia composta polo galego José Manuel Cancela.