Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril deixa escapar dous goles de vantaxe e perde no campo do Cayón (3-2)

O Fabril deixa escapar dous goles de vantaxe e perde no campo do Cayón (3-2)

Jairo foi expulsado na primeira parte, con 0-1 no marcador

O Fabril gañaba por 0-2 no minuto 58 pero o Cayón, que se xogaba a permanencia, emborcouse sobre a portería fabrilista

G24.gal 07/04/2024 14:40

O Fabril deixou escapar dous goles de vantaxe no Fernando Astobiza e perdeu unha gran ocasión para pechar a permanencia na Segunda Federación. Ben é certo que o equipo de Gilsanz xogou con dez moitos minutos despois da expulsión de Jairo no primeiro tempo. 

O inicio do Fabril resultou inmellorable co gol de Martín Ochoa no minuto 14. O filial coruñés controlaba o partido ata a expulsión de Jairo. Aínda asi, no inicio do segundo tempo o centrocampista Alfaro poñía o 0-2.

O Cayón, sen nada que perder, entregouse sobre a porta de Hugo e recortou diferenzas cun gol de Larrucea. Un cuarto de hora antes do final empataba Saúl á saída dun córner. E no último minuto chegaba o definitivo 3-2 cun gol de Edu de disparo desde fóra da área. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos