Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril perde en Mérida na compensación (1-0)

O Fabril perde en Mérida na compensación (1-0)

Os de Manuel Pablo realizaron un partido serio, sobrio

Un erro do porteiro Álex Marqués propiciou o gol de Sofiane

G24.gal 29/08/2026 22:06 Última actualización 29/08/2026 22:35

O fútbol foi cruel co Fabril. Os herculinos asinaron un partido sobrio, sólido en Mérida, pero un erro custoulles o partido no tempo de compensación. Foi unha saída desafortunada do porteiro Áles Marqués, cando trataba de meterlle os puños a un balón parado. Sofiane marcou para os locais e aos de Manuel Pablo estragóuselles unha bonita estrea de categoría.

E é que os galegos sairon ben, protagonistas, lembrando o equipo da pasada campaña. Transitaron con firmeza pola primeira parte e souberon aguantar o arreón local no inicio da segunda. Medraron e mesmo dispuxeron de oportunidades. Pero... Pero co tempo cumprido toparon coa xorgada desfortunada de Álex. Cruel desenlace para tan bo facer.

O Fabril volve cunha derrota, pero deixa a sensación de que sabe cal é o camiño para transitar por esta Primeira RFEF.  

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos