O Fabril perde ante o Castela e o Rácing de Ferrol empata contra o Bergantiños
O Dépor Fabril cae por un penalti ante o Real Madrid Castela (0-1)
O Rácing de Ferrol emapata sen goles ante o Bergantiños no Pote
Imaxe do R. C. Deportivo e Rácing de Ferrol
A pretemporada continúa para outros equipos galegos. O Dépor Fabril enciaxou unha derrota pola mínima ante o Real Madrid Castela, mentres que o Rácing de Ferrol asinou un empate sen goles fronte ao Bergantiños nun encontro moi disputado en Carballo.
O filial branco e azul segue preparando o seu debut na Primeira RFEF pero nos amigables aínda non consegiu estrearse. En Viveiro, o equipo de Manuel Pablo caeu por 0-1 ante o Real Madrid Castilla decidido nos minutos finais. Un penalti transformado por Álvaro Leiva inclinou a balanza para o filial branco, e o Fabril, non puido poñer o empate nos minutos finais. Este sábado visitará A Eragudina para medirse ao Atlético Astorga, de Segunda RFEF.
O Rácing de Ferrol afrontou o seu segundo amigable da pretemporada, nun duelo intenso ante o Bergantiños, conxunto que compite só unha categoría por debaixo. Os ferroláns empataron nun partido sen goles que permite o Racing seguir construindo o proxecto de Javi Vázquez para tratar de volver á Segunda División.