Cargando resultados...
O Euribor modera a súa suba pero marca máximos en 14 anos
Pecha novembro no 2,83 %, dúas décimas máis ca en outubro

G24.gal
30/11/2022 18:40
Última actualización 30/11/2022 19:56
O Euribor volve subir. Faino con menos forza que nos meses do verán, pero aínda así marca o máximo en 14 anos.
Pechará novembro no 2,83 %, dúas décimas máis ca en outubro.
A escalada do Euribor aumentou en case 3.000 euros a factura anual para unha hipoteca media.
E os expertos prevén que siga á alza ante a suba dos tipos de xuro anunciada polo Banco Central Europeo para conter a inflación.