Publicador de contidos

Publicador de contidos

O estado das estradas complica a prestación de servizos

O estado das estradas complica a prestación de servizos

Concellos do Macizo Central ourensán e da montaña oriental suspenderon a axuda no fogar

Tamén houbo dificultades nalgún centro de saúde, pero todos abriron

G24.gal 23/01/2026 14:28

A neve cobre a casa consistorial de Montederramo e, dentro, o alcalde é practicamente a única persoa que atopamos.

"O rexistro e a administración xeral son traballadores que non son de aquí e pendinlles que non viñeran", sinala Óscar Diéguez, alcalde de Montederramo.

A dificultade para manter limpas as estradas cando non para de nevar levounos tamén a suspender o servizo de axuda a domicilio.

"É unha situación excepcional e son decisións excepcionais. Non vale a pena andarse arriscando na estrada. Falouse cos usuarios", explica Diéguez.

A situación repítese noutros concellos do macizo central e tamén na montaña oriental, coma o concello da Veiga.

Juan Anta, alcalde da Veiga: "O servizo de axuda no fogar ten difícil cobertura neste momento, pero onte cubrimos practicamente a todas as persoas que había que asistir".

Tamén tivo dificultades o persoal sanitario para chegar aos centros de saúde. En Chandrexa de Queixa só había enfermeira e derivaron as urxencias a Castro Caldelas.

Lucía Bruquet, enfermeira do centro de saúde de Chandrexa: "En caso de precisar atención sanitaria, sempre primeiro contacto telefónico. E se temos que saír ao exterior, con bo calzado e abrigados".

Tamén hai problemas co transporte de medicamentos. "O da mañá xa seguro que non vén. E o da tarde xa veremos. O da mañá xa tiña que estar aquí", di o farmacéutico de Montederramo.

Agardan que volver canto antes á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade