Cargando resultados...
O Ensino reforza o xogo interior coa fichaxe de Lidya Giomi
Procede do Gran Canaria, onde xogou a última temporada coa santiaguesa Blanca Millán
G24.gal
28/06/2022 13:20
Última actualización 28/06/2022 14:01
Fichaxe do Durán Maquinaria Ensino. Lidya Giomi, pivote de 1,98 centímetros. Procede do Gran Canaria, onde xogou a última temporada.
Compañeira da santiaguesa Blanca Millán, coa que coincidirá en Lugo. Promediou nove puntos e oito rebotes por partido. Lidya Giomi formouse na Universidade de Oregón.
Lidya Giomi é a filla maior de Mike Giomi, que xogou no Basketmar e no Breogán. No Breogán en dúas etapas diferentes. Lidya naceu hai vinte e cinco anos en Tenerife, onde xogaba o seu proxenitor.
Lydia Giomi se une al Durán Maquinaria Ensino ‼️‼️‼️
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) June 28, 2022
Bienvenida a Lugo @Lydiagiomi, de nuevo esta será tu casa pic.twitter.com/OyY3ZLUPKn