Cargando resultados...
O Ensino fallou dúas triplas para gañar o partido en Zaragoza
Perdeu por 64-60 nun partido no que chegou con opcións ao último minuto
G24.gal
20/03/2022 15:08
Na liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino estivo a piques de rabuñar un triunfo na pista do Zaragoza. Dominou o partido durante moitos instantes. Alesandra Orsili, cunha tripla, deulle vantaxe as luguesas a minuto e medio do final pero o Zaragoza reaccionou con dúas canastras seguidas.
O Ensino tivo unha opción para forzar a prórroga pero a tripla de Georgina Bahí non entrou. O equipo galego queda con 9 triunfos aínda con marxe suficiente sobre a zona de descenso.