Publicador de contidos

Publicador de contidos

O empate do Noia na pista do Inter (3-3) manteno na elite do fútbol sala

O empate do Noia na pista do Inter (3-3) manteno na elite do fútbol sala

O Burela perdeu en Cartaxena e saiu prexudicado no empate final a puntos co cadro do Barbanza

G24.gal 24/05/2025 21:51

O Noia Portus Apostoli continuará na Primeira División do fútbol sala español despois de empatar na pista do Inter Movistar (3-3) e aproveitar a derrota do Burela contra o Cartaxena (6-2). 

Só había un punto de diferenza entre os dous equipos galegos. A vantaxe era para o Burela pero no caso de empate final a puntos o beneficiado era o Noia. Os dous tiñan compromisos moi complicados, como visitantes e na casa de rivais de entidade. 

O Noia foi dúas veces por diante grazas aos goles de David Pazos (0-1) e Pirata (1-2) pero o Inter conseguiu remontar e a dez minutos do remate poñíase cun 3-2. Volveu aparecer o gran capitán Adrián Pirata para marcar o gol (3-3) da permanencia do equipo do Barbanza. 

Porque o Burela non tivo ningunha opción na pista do Cartaxena. Perdía por 2-0 ao descanso (Mellado e Motta) e no segundo tempo o equipo local chegou a poñerse cun 4-0. Juninho e Charly anotaron para o equipo de Burela que acabou perdendo por 6-2 e regresando un ano despois á Segunda División despois de pasaren moitos problemas económicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade