Guillem Jou, reforzo exterior para o Leyma Coruña
Procede do Manresa e esta última tempada promediou 3,9 puntos e 2,2 rebotes por encontro

O Leyma Coruña incorpora ao seu cadro de xogadores para a tempada 25-26 a Guillem Jou Coll (Llagostera, Xirona, 15 de xullo de 1997; 195cm). Guillem é un ala que leva máis dunha década formando parte da disciplina do Bàsquet Manresa, ao que chegou en 2013 procedente de Club Bàsquet Sant Josep Xirona.
Á súa chegada ao club manresano militou no seu equipo junior primeiro e posteriormente foi cedido no BC Martorell, ambas as experiencias antes de formar parte definitivamente do cadro de xogadores do primeiro equipo desde 2017-18 en LEB Oro. Nesa mesma tempada logra o ascenso á Liga Endesa, categoría onde disputou máis dun centenar de encontros e que compaxinou coa participación do equipo na BCL. Esta última tempada promediou 3,9 puntos e 2,2 rebotes na máxima categoría do baloncesto español.
Guillem é un xogador moi agresivo na defensa do un contra un, capaz de negar as liñas de pase, e con gran rapidez nos seus desprazamentos laterais, sendo de grande axuda no rebote. No aspecto ofensivo destaca pola súa gran capacidade para recibir e tirar, e polo seu xogo sen balón, así como pola súa ameaza no un contra un para atacar contra recuperación defensiva, ademais das súas boas cifras no rebote ofensivo