Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emoción na presentación do ferrolán Carreras como xogador do R. Madrid: "É un orgullo defender este escudo"

Emoción na presentación do ferrolán Carreras como xogador do R. Madrid: "É un orgullo defender este escudo"

Asina contrato ata 2031 e levará o dorsal número 18

Comezou a súa traxectoria en clubs da súa Galicia natal, a Galicia de Caranza, o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña

Foto Real Madrid
G24.gal 15/07/2025 13:36 Última actualización 15/07/2025 14:59

Álvaro Fernández Carreras (Ferrol, 2003) comezou a súa traxectoria en clubs da súa Galicia natal, a Galicia de Caranza, o Racing de Ferrol e o Deportivo da Coruña.

Foi no Dépor onde pasou de dianteiro a lateral esquerdo, posición na que a súa referencia era Marcelo, que por aquel entón xogaba no que sería o seu seguinte club, o Real Madrid. Tras tres tempadas a canteira do club branco, decidiu facerse un nome no Manchester United, onde brillou nas categorías inferiores e mesmo se adestrou co primeiro equipo xunto a figuras como Cristiano Ronaldo.

Non chegou a debutar cos Diaños Vermellos, que o cederon ao Preston North End, ao Granada e ao Benfica, que resultou ser o seu grande escaparate. No equipo lisboeta herdou a banda esquerda e o dorsal número 3 do seu compatriota Alejandro Grimaldo e, a pesar da súa irregularidade con Schmidt, demostrou o suficiente sobre o céspede como para que o Benfica lle ofrecese un contrato ata 2029.

Un ano máis tarde, consolidouse como carrilero e espertou o interese de grandes clubs, como confirmou o propio adestrador do equipo lisboeta.

Álvaro Carreras levará o número 18 que lucía ata o final desta tempada Jesús Vallejo, que xogará a partir do próximo curso no Albacete.

Na súa presentación estaban seus pais e irmáns moi emocionados.

"É un orgullo defender este escudo, o do mellor club do mundo"

"Non quero esquecer o máis importante da miña vida: a miña familia"

O Real Madrid pagoulle o Benfica 50 millóns polo seu traspaso

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar