Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dono e a aseguradora do coche incendiado de Vigo deberán pagar 300.000 euros por danos

O dono e a aseguradora do coche incendiado de Vigo deberán pagar 300.000 euros por danos

O  suceso aconteceu en maio de 2020 nun garaxe situado no barrio de Teis, Vigo

Tanto os informes policiais como a aseguradora fan fincapé en que o incendio puido ser provocado por un enchufe externo ao coche

G24.gal 29/10/2024 13:02

O dono e a aseguradora dun coche que incendíouse o 23 de maio de 2020 nun garaxe de da zona de Teis (Vigo) foron condenados a abonar máis de 300.000 euros en indemnizacións por danos e perdas nos vehículos aparcados no garaxe, rochos, locais comerciais e vivendas, ademais da reposición de instalacións comunitarias.

O fallo do Xulgado de Primeira Instancia de Vigo, que pode ser apelado, considera que o propietario do vehículo e a compañía de seguros deben afrontar as indemnizacións de maneira solidaria.

As demandas reclamaban danos e perdas ocasionados nos vehículos aparcados no garaxe, rochos, locais comerciais e vivendas, ademais da reposición de instalacións comunitarias.

A sentenza recolle que os axentes de Policía Nacional foron os primeiros en inspeccionar o lugar do sinistro e recolleron mostras detalladas no seu informe, no que se establece que existiu "un único punto de inicio situado no vehículo" do acusado.

Nese documento suxírese como causa do incendio a conexión dun cargador á batería, aínda que non de maneira expresa.

Os axentes atoparon baixo a esquina dianteira do coche incendiado os restos dun enchufe cuxo cableame chegaba ao que, posiblemente, era un cargador e nun dos bornes da batería acharon a pinza dun deses aparellos. O resto de informes periciais coincidiron substancialmente co da Policía Nacional.

A compañía aseguradora do vehículo no que se orixinou o lume opoñíase ás reclamacións formuladas por falta de cobertura xa que, na súa opinión, "o incendio non constituíu un feito da circulación e estaría excluído da póliza".

Advertía tamén de que o automóbil non estaba estacionado de forma temporal, senón con vocación de permanencia (levaba parado aproximadamente dous meses e medio), sen o sistema de aceso activado e sen condutor nin ocupante, que non tiña batería e que, polo tanto, non era apto para a circulación.

Argüía, o mesmo ca as conclusións dos informes policiais, que o incendio se produciu debido a unha sobrecarga eléctrica orixinada polo cargador conectado para recargar a batería, polo que non se debeu a un elemento interno do motor, senón á utilización dese aparello nunha instalación eléctrica de carácter improvisado.

Pola súa parte, o  propietario alegou que o coche se atopaba en perfectas condicións de mantemento e que non estaba determinada a causa nin o foco inicial do incendio, que podía deberse a un feito fortuíto polos problemas eléctricos sufridos polas unidades do modelo que conducía.

Case unha trintena de demandantes, entre eles aseguradoras con varios bens afectados, repartiranse 303.170 euros, dos que case 150.000 teñen como beneficiaria á compañía Allianz por danos na comunidade de propietarios do inmoble da rúa Sanjurjo Badía, no barrio de Teis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade