Publicador de contidos

Publicador de contidos

División en Colombia pola condena a doce anos de prisión contra Álvaro Uribe

División en Colombia pola condena a doce anos de prisión contra Álvaro Uribe

O expresidente apelará contra unha sentenza que cualifica de política

A xuíza condena a Álvaro Uribe por un delito de suborno e outro de fraude procesal
G24.gal 02/08/2025 14:06 Última actualización 02/08/2025 14:25

A condena a doce anos de prisión domiciliaria contra o expresidente Álvaro Uribe por un delito de suborno e outro de fraude procesal profunda a división existente en Colombia. Uribe xa anunciou que vai apelar contra o que considera unha sentenza política.

A condena contra un dos políticos máis populares da dereita colombiana levou ás rúas os seus partidarios, que denuncian unha persecución político-xudicial, e os seus detractores, que consideran a decisión como esencial na loita contra a impunidade.

Prisión domiciliaria

A xuíza condenou a Álvaro Uribe a doce anos de prisión, unha multa de case 800.000 euros e oito anos de inhabilitación, por un delito de suborno e outro de fraude procesual.

O xulgado ordenou a detención do expresidente, aínda que lle permite que cumpra a condena arrestado na súa casa. Álvaro Uribe confirmou que o próximo día trece presentará a apelación contra a sentenza condenatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade