O dono dun piso en Lugo denuncia que llo están ocupando de xeito ilegal
Asegura que lle esixen o pagamento de ata 4.000 euros para marchar da vivenda
En decembro e en xaneiro os inquilinos aboáronlle as mensualidades correspondentes, pero a partir de entón non volveu cobrar máis nada.
Así denuncia o dono dun piso, situado no número 46 da avenida de Madrid, no barrio lugués de Augas Férreas, a presunta usurpación da súa propiedade, un antigo local comercial reconvertido en vivenda.
Alugouno durante anos a familias ou estudantes e co que nunca tivera problema ningún ata agora. O afectado, que prefire manterse no anonimato, afirma incluso que lle chegaron a esixir o pagamento de ata 4.000 euros a cambio de que os ocupantes abandonasen o inmoble.
Desesperado, contratou os servizos dunha empresa de desocupación e mesmo valora presentar unha denuncia ante a policía.
Mentres tanto, asegura ademais que os moradores tampouco se fan cargo duns 500 euros dos recibos da luz e da auga, polo que ten que pagar todos os meses esa contía do seu peto.