Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do barrio da Ponte, en Padrón: "Non podemos chegar a pé ao centro"

Veciños do barrio da Ponte, en Padrón: "Non podemos chegar a pé ao centro"

Quéixanse de inseguridade viaria para os peóns 

Piden beirarrúas e pasos para cruzar seguros entre o tráfico da N-550

G24.gal 06/05/2025 14:19

Chegar camiñando ao centro de Padrón é unha auténtica odisea, segundo os veciños do barrio da Ponte.

Os peregrinos tamén padecen o problema. O Camiño non pasa por aquí, pero moitos métense guiados polo GPS, xa que este é o xeito máis directo de chegar ao centro da localidade.

Os veciños levan moito tempo reclamando beirarrúas e algún xeito de atravesar este punto da N-550 sen ter que xogar a vida entre o tráfico ou dar un gran rodeo.

A humanización deste tramo que conecta Pontecesures con Padrón é unha vella demanda xa trasladada ao Concello e a Fomento. Pero aquí din que o tempo pasa e as solucións non chegan.

Temen que algún día se produza unha desgraza, porque, como ven, o tráfico é moi denso e cruzar é todo un exercicio de paciencia e risco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade