Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha muller en Lanzarote por desfacerse dun feto de 34 semanas e tiralo ao lixo

Deteñen unha muller en Lanzarote por desfacerse dun feto de 34 semanas e tiralo ao lixo

A muller recoñeceu dar a luz soa no seu domicilio e introducir o feto nunha bolsa de lixo, que tirou a un colector próximo

A xuíza de garda decretou a súa liberdade con cargos, mentres se manteñen abertas novas liñas de investigación

G24.gal 06/05/2025 13:23

A Policía Nacional detivo en Lanzarote unha muller de 34 anos acusada de desfacerse dun feto de 34 semanas e tiralo nun contedor de lixo, segundo informou este martes a Xefatura Superior de Policía de Canarias.

Os axentes tiveron coñecemento destes feitos o pasado 21 de abril, cando a muller acudiu ao hospital público da illa cun sangrado uterino abundante, polo que foi derivada á área de Xinecoloxía. Alí, os médicos detectaron que estivera embarazada de 34 semanas e que non presentaba signos dun parto atendido, polo que activou o protocolo policial ao sospeitar que o feto fora ocultado.

Durante as entrevistas, a muller recoñeceu dar a luz soa no seu domicilio e introducir o feto nunha bolsa de lixo, que tirou a un contedor próximo. A Policía Nacional, en colaboración co persoal da entulleira de Zonzamas, realizou unha procura exhaustiva nos residuos trasladados desde o colector sinalado, sen lograr localizar o corpo.

A imposibilidade de examinar os restos impediu esclarecer con certeza se se tratou dun aborto espontáneo ou inducido, segundo informou este martes nun comunicado a Policía.

A muller, que non comunicou o seu estado a familiares nin buscou atención médica durante o embarazo ou o parto, foi detida e posta a disposición xudicial. A xuíza de garda decretou a súa liberdade con cargos, mentres se manteñen abertas novas liñas de investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos