Cargando resultados...
Sanidade mantén que o traslado do Materno Infantil de Ourense estará rematado ao comezo do verán
Nunha semana comezarán os traballos para que a cuarta planta do edificio xeral poida acoller xinecoloxía e obstetricia
G24.gal
06/05/2025 14:29
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantén que o traslado do Materno Infantil de Ourense estará rematado ao comezo do verán.
Caamaño visitou os traballos que se están a facer no Hospital Materno Infantil de Ourense. Asegurou que xa se recolocaron dúas das catro plantas. Tamén que nunha semana comezarán os traballos para que a cuarta planta do edificio xeral poida acoller xinecoloxía e obstetricia.