O dono de Sargadelos insta a Inspeción de Traballo a pechar a fábrica tras ser multado
Sargadelos recibiu unha multa de 5.000 euros despois de que Inspección de Traballo atopara 36 deficiencias nas instalacións
Inpección de Traballo multa a Sargadelos por 36 deficiencias na fábrica, pero o dono día que incumpren outras 283 normativas máis das que detectaron
.png)
Segismundo García, administrador único de Sargadelos, recibiu unha multa de 5.000 euros despois dunha inspección da fábrica. Inspección de Traballo atopou 36 deficiencias nas instalacións.
Tras recibir a multa, o dono de Sargadelos constestou por escrito. Na carta insta a Inspección de Traballo a "pechar e precintar".
"Encarézolles, pois, a que procedan ao peche e precintado destas instalacións, co fin de evitar desgrazas e enfermidades profesionais que, non o dubiden, esta dirección deplora e das que quere eludir calquera tipo de enfermidade", recalca na misiva.
García agradeceu a Traballo "o seu interese e preocupación" e incidiu en que "bota de menos un pequeno detalle: a viabilidade económica da compañía". A continuación, apuntou que a dirección da empresa "non se ve capacitada" para acometer todas as obras que se lle esixen e lamenta que, segundo Traballo, a fábrica poida "ocasionar enfermidades graves aos que nela traballan".
"Certamente, non sei se son conscientes de que a vida mesma acaba causando a morte. Pero así está a situación e así é o sistema que vostedes representan, polo que a este humilde servidor non queda máis remedio que acatalo", reza na carta.
García tamén advertiu a Traballo que, ademais das 36 deficiencias que detallan na documentación da multa, examinadas as normativas vixentes, "existen outras 283 faltas ou incumprimentos".
"Este contribuínte, xa vello e farto, suplica que non sexan indulxentes na esixencia do estrito cumprimento da legalidade. Iso si, rógolles que non o xeneralicen porque poden provocar a parálise produtiva do país", sentenciou.